HOTEL CEAO EXPRESS S.L. Rúa dos Canteiros s/n; Pol. Ind. O Ceao. 27003. LUGO
Telf. 982 209 999 - Fax: 982 209 900 - info@hotelceaoexpress.com
O Ceao Express é un hotel moderno e de recente construción, que conta con 40 habitacións e 8 minisuites. A súa excelente situación no Polígono Industrial O Ceao, e máis concretamente no edificio Centro de Servicios San Cristóbal, permite ós nosos clientes ter un rápido e doado acceso, tanto ás principais estradas, como a calquera outro punto da cidade. As estradas máis destacables ás que o polígono tén acceso directo son a autovía A-6 e a N-6 que unen Madrid con A Coruña.
Entre as súas instalacións, o hotel dispón de salóns e despachos para reunións, bar, restaurante, aparcamento cuberto con acceso á recepción, ascensor, habitacións para non fumadores, habitacións adaptadas para movilidade reducida, e gardaequipaxes. Outros servizos dispoñibles son: aire acondicionado en zonas comúns, acceso para minusválidos, recepción 24 horas e servizo de lavandería.
As habitacións, decoradas nun estilo moderno, ó igual que o resto do hotel, contan con aire acondicionado independente que permite a cada cliente regular a temperatura da habitación, secador de pelo, baño con bañeira de hidromasaxe, teléfono e televisión con Canal +.
A situación e o equipamento das nosas instalacións, así como a dispoñibilidade de todos os servizos necesarios para reunións e conferencias, fan deste hotel o ideal para profesionais e xente de negocios.